¡Traballamos por Marín!
¡A vila que tí mereces!
 
HOME :: CANDIDATURA :: FOLLETO DE CAMPAÑA :: PROGRAMA :: ARQUIVOS :: CONTACTO ::
 

 

INDICE:

1. DESENVOLVEMENTO LOCAL E PROMOCIÓN DO EMPREGO

2. FACENDA LOCAL, POLÍTICA FISCAL E PATRIMONIO.

3. PARTICIPACIÓN CIDADÁN E ADMINISTRACIÓN LOCAL.

4. CULTURA, DEPORTE, POLÍTICA LINGÜÍSTICA E POLÍTICA EDUCATIVA.

5.  AREA DE SERVIZOS SOCIAIS E SANIDADE.

6.  URBANISMO E ORDENACIÓN DO TERRITORIO.

7. ÁREA DE SERVICIOS

 

 


1. DESENVOL
VEMENTO LOCAL E PROMOCIÓN DO EMPREGO

PARQUE EMPRESARIAL

A necesidade de chan empresarial e industrial no concello de Marín témola que abordar dende varias perspectivas:

  • A precariedade legal na que se atopan algunhas industrias e empresas pola súa ubicación fai que necesiten solo a onde poder cambiarse.
  • A necesidade de ampliación de empresas legalmente ubicadas pero que precisan ampliar as súas instalacións debido ao incremento da demanda dos productos que fabrican.
  •  A demanda que están facendo empresas que queren ubicarse en Marín e non atopan o solo coa cualificación urbanística adecuado.
  • As necesidades de chan industrial derivadas  da actividade do noso porto.

Se temos en conta a singularidade do porto de Marín, que como todos sabemos é un porto de interés xeral do estado semellante ao porto de Vigo, sabendo que leva varios anos en permanente e sostido crecemento, sendo, polo tanto, un dinamizador económico de primeirísima magnitude que hai que ter en conta á hora de planificar as infraestructuras do noso concello.
Tomando como referencia o porto de Vigo que co actual governo da Xunta esta sendo dotado de 10 millóns de metros cadrados, tendo en conta a proporcionalidade entre Marín e Vigo, e partindo de que Marín neste intre non ten chan industrial ningún, non nos parece fora de lugar considerar que Marín debe contar con unha superficie empresarial que fose a décima parte da que o actual goberno da Xunta está dotando a Vigo, é decir 1 millón de metros cadrados.

A nosa proposta é dotar a Marín dunha superficie de 1 millón de metros cadrados, tal e como está recollida no PXOM en trámite, nas proximidades da Cruz da Maceira. Nesta área teríamos asegurado chan industrial e empresarial para as necesidades actuais das empresas do noso Concello e de anos vindeiros.

NOVAS TECNOLOXÍAS

  • Dotar de cobedrtura Wi-Fi unha serie de locales e lugares do Concello para facilitar acceso a INTERNET a quen teña necesidade.
  • Aula informática para todo tipo de necesidades formativas que demanden os veciño.

2. FACENDA LOCAL, POLÍTICA FISCAL e PATRIMONIO.

As veciñas e veciños de Marin temos dereito a un nivel de prestacións de bens e servicios públicos  locais acorde co momento social no que vivimos, polo que é necesario favorecer o asentamento poboacional no noso territorio cunha calidade e nivel de vida aceptables para todos según os cánons vixentes, o que nos obrigará a garantir o nivel de finanzamento suficiente para acadar eses obxectivos.

CRITERIOS BÁSICOS DE ACTUACIÓN.

Relacionados co control do gasto:

  • Racionalización no gasto público, tanto na adquisición de materiais como na prestación dos servicios, reforzando os procedementos de control, e facendo avaliacións do cumprimento das normas e da eficacia dos servicios.
  • Centralización dos subministros de cara a obter mellores precios, aumentar a capacidade de negociación do Concello a garantir o control na adquisición de todo tipo de material que sexa necesario

Relacionados co incremento dos recursos:

  • Mellorar o servicio de recadación como via preferente para aumentar o nivel de recursos dispoñibeis.
  • Actualización dos censos de contribuintes.
  • Utilización dos instrumentos fiscais de que dispón o Concello para complementar a financiación, particularmente as taxas e precios públicos; a súa recadación deberá cubrir os custes do servicio.
  • Xestionar a captación de recursos diante doutras administracións, provinciais, autonómicas, estatais e europeas, para abordar proxectos de infraestructuras nas diferentes áreas do Concello.
  • Utilización do cofinanzamento para anticipar programas de investimento
  • Estabilización da presión impositiva para evitar subas desmesuradas e discontinuas.
  • Actualización paulatina de taxas e precios públicos ao seu respectivo custe nun prazo de tempo prudencial.

PATRIMONIO

Xestionar a incorporación ao patrimonio municipal do actual edificio de Aduanas, previa reubicación das actuales instalacións dentro do recinto portuario.
 
SOLIDARIEDADE

Fomentar a acción solidaria da cidadanía de Marín e se fose posible consignar no orzamento unha partida para axudar a paises ou zonas do planeta que se atopen en estado de extrema necesidade.

3. PARTICIPACIÓN CIDADÁN E ADMINISTRACIÓN LOCAL.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

O asentamento de calquera institución democrática basease na participación cidadá. Por ser o Concello a institución que máis perto ten o veciño e polo tanto á que máis acude, é indispensable e fundamental garantir esa participación do vecindario na vida municipal para que a institución salga fortalecida.
Os eixos fundamentais sobre os que Marinenses Independentes baseará a participación das veciñas e veciños nas tarefas municipais serán os seguintes:

  • Transparencia informativa.
  • Simplificación da burocracia.
  • Obxectividade nos criterios de subvencións.
  • Eficacia da Administración.
  • Garantir o labor fiscalizador e de control do Pleno da Corporación.
  • Participación veciñal.

Na medida do posible poñeremos en práctica xornadas didácticas, fundamentalmente entre o sector estudiantil para que comprendan o funcionamento desta institución tan clave na vida dos cidadáns. Asi mesmo trataremos de que colectivos interesados poidan ter coñecemento das claves da elaboración do presoposto municipal de cada ano.
A instalación do Portelo Único será un obxectivo sempre e cando non supoña unha carga económica para as arcas municipais e que signifique unha simplificación nos trámites burocráticos dos nosos veciños/as.
Tamén será un obxectivo a creación de Consellos Municipais naquelas áreas que se consideren imprescindibles para o seu bo funcionamento.

POLÍTICA DE PERSOAL

Marinenses Independentes basándose na experiencia municipal dos seus compoñentes, terá como eixo da súa política de persoal dentro do Concello o diálogo cos representantes legáis dos traballadores (Xunta de Persoal e Mesa de Negociación), pois como se veu demostrando ao longo desta pasada Corporación, foi o diálogo, o intercambio de opinións,  o que fixo posible que a institución funcionase coma un equipo de traballo coordinado.

As accións concretas que Marinenses Independentes tratará de levar a cabo en política de persoal son as seguintes:

  • Plan de Formación Continua dos traballadores.
  • Promoción Interna do Persoal.
  • Regulación das condicións económico-sociais dos traballadores do Concello.
  • Plan de avaliación de obxectivos en base ós cales se concederán os Complementos de Productividade.
  • Elaboración de listas de sustitución para optar ás contratacións eventuais por baixas e vacacións.
  • Máxima transparencia nos procesos de selección de persoal, promoción interna, etc.
  • Optimización de recursos humanos para rendabilizar mellor o traballo das diversas concellalias.

 
4. CULTURA, DEPORTE, POLÍTICA LINGÜÍSTICA E POLÍTICA EDUCATIVA.

CULTURA.

Obxectivos e liñas de actuación:

  • Xestionar a construcción dun auditorio ou centro cultural multiusos para o entorno urbano de Marín.
  • Ampliar a oferta cultural en todo o termo municipal tratando de promover unha programación estable.   
  • Establecer convenios de colaboración coas distintas asociacións e entidades veciñais.
  • Crear un banco de recursos de materiais.
  • Xestionar a creación dun conservatorio de grao elemental.
  • Potenciar e apoiar as festas tradicionais.
  • Involucrar aos diversos sectores productivos na organización de actividades de carácter cultural
  • Establecer convenios de colaboración con centros públicos de ensino ou con outras institucións ou entidades para a utilización das súas infraestructuras para fins culturais.
  • Xestionar a creación dunha nova biblioteca da Xunta.
  • Seguir potenciando as xornadas Blanco Freixeiro como referente no estudio da historia
  • Crear unha aula municipal de teatro.
  • Crear un foro de estudio da obra do noso pintor Manuel Torres con obxecto de dar a coñecer  a un dos máis importantes compoñentes do grupo de pintores renovadores galegos.
  • Poñer en valor os múltiples recursos arqueolóxicos do noso concello, a través de plans de carácter comarcal.

DEPORTE.

Na actual sociedade tanto as actividades deportivas como de exercicio físico estanse a converter en elementos esenciais para o desenvolvemento integral dos/as nenos/as e xoves, e no instrumento para a consecución dunhas melloras importantisimas na calidade de vida e de benestar na poboación adulta, especialmente nos colectivos da terceira edade.

Obxetivos:

    • Fomentar a práctica deportiva en todos os estamentos da poboación.
    • Manter e mellorar as instalacións deportivas existentes.
    • Construcción do pavillón polideportivo de Seixo
    • Arranxo integral do campo de fútbol de Seixo
    • Crear o Consello Municipal de Deportes, coas seguintes funcións:

a) Coordinar o uso das instalacións municipais, xeración e busqueda de financiación exterior, organización e colaboración de eventos deportivos, realización de campañas de fomento e divulgación deportiva etc.
b) Reorganizar e dinamizar a actividade deportiva municipal, coa creación dunha equipa de profesionais especializados na planificación e xestión deportiva.
c) Promover o deporte-ocio como pode ser a ximnasia de mantenemento, aeróbic, etc...
d) Promover os torneos intercentros escolares.
f) Optimizar os recursos existentes.

    • Parque do Cantodarea. Reordenar os espacios do actual parque, para incrementar o uso deportivo da zona.
    • Ubicación de equipamentos deportivos ( aptos para uso de todas as edades, sobor de todo dos maiores) tanto no Paseo Maritimo, como no Vial de Praias.
    •  Fomentar o sendeirismo divulgando os distintos roteiros xa existentes e creando outros novos.

POLÍTICA LINGÜÍSTICA.

Promover, defender e manter o idioma milenario desta terra que nos legaron os nosos antepasados, como símbolo patrimonial único da expresión oral de Galicia, dentro da maravillosa riqueza lingüística da humanidade.

POLÍTICA EDUCATIVA.

Obxetivos:

    • Potenciar o ensino público intentando cubrir as necesidades dos centros públicos implantados no termo municipal de Marín.
    • Fomentar campañas de promoción do ensino público en colaboración cos diversos centros de ensino.
    • Optimizar a utilización dos centros escolares no horario non lectivo.
    • Intentar xerar unidades didácticas relacionadas cós diversos ámbitos do término municipal como pode ser a súa historia, xeografía, medio ambiente, etc...
    • Potenciar mediante actividades a integración dos diferentes colectivos na comunidade escolar.
    • Aumentar (na medida do posible ) a colaboración coas ANPAS na organización de actividades extraescolares.
    • Xestionar coa Consellería de educación a posta en funcionamento de comedores escolares.

XUVENTUDE.

    • Dotar con máis medios a oficiña de información xuvenil para que ademáis de xestionar o carné xoven sirva como lugar de consulta e asesoramento en temas como:
  • Actividades de tempo libre, culturais, deportivas, medio ambiente...
  • Subvencións e axudas á xuventude
  • Emprego público e privado e oposicións
  • Becas e axudas ós estudios
  • Xornadas,congresos,seminarios,feiras, etc
  • Premios literarios, exposicións, cine, teatro ...
    • Xerar dinámicas encamiñadas a que a xuventude se interese por diversas artes, teatro, música, etc., creando, se fose posible, escolas municipais ou obradoiros.
    •  Fomentar  o asociacionismo xuvenil.
    •  Prevención do fracaso escolar, de conductas violentas e prevención do consumo de alcohol, drogas e tabaco.
    • Intentar desenvolver dentro do concello Programas de Garantía Social.
    • Establecemento de accións de formación ocupacional destinadas ós xóvenes desempregados menores de 25 anos.
    • Creación de escolas-obradoiro de diferentes oficios ou profesións.
    • Facilitar na medida das posibilidades municipais acceso á vivenda.

 

5.  AREA DE SERVIZOS SOCIAIS E SANIDADE.

Esta área para o noso partido político é unha das áreas máis importantes xa que inflúe directamente no benestar da nosa poboación, incrementando a calidade de vida e corrixindo na medida do posible as desigualdades sociais.

Dentro dos servizos sociais atopámonos con moitas áreas de actuación pero entendemos que nestes intres é preciso prestar máis atención as áreas de vellez e persoas con discapacidades  ou  ben agrupalas nun mesmo epígrafe que poderiamos denominar como dependencia. Precisamente con respecto a este tema cabe salientar que o día 14 de decembro de 2006 aprobouse a lei 39/2006 de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia mediante o cal se crea un Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia. Como dato importante que avale esta postura podemos decir que o 15,38% da poboación marinense ten 65 e máis anos e dentro desta porcentaxe o 24,08% pertence ó que se coñece como a cuarta idade, é dicir persoas maiores de 80 anos , con todo o que isto supón. Se a isto lle engadimos todas as persoas que están en situación de dependencia por causas como enfermedades invalidantes, accidentes de traballo, de tráfico, enfermedades mentais, etc…. obtemos un número moi elevado que se atopan nesta situación . Tendo en conta todo isto Mar-In aposta polas seguintes melloras neste eido:

  • SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO.  Reforzar este servizo, dotalo de máis orzamento para que cubra un número máis amplo de persoas.
  • TELEASISTENCIA. Programa que está conveniado coa Diputación Proposta: incrementar o número de dispositivos de teleasistencia para que poidan chegar a máis persoas.
  • CENTRO DE DÍA PARA MAIORES DE 65 ANOS. Creación.
  • CENTRO DE DÍA PARA MENORES DE 65 ANOS. Creación
  • CENTRO DE NOITE. Creación.

  • RESIDENCIA. En Marín temos residencia de válidos con un número insuficiente de prazas, sería importante incrementar este número ( aínda que nós intentaremos potenciar que a persoa maior permaneza no seu domicilio e no seu entorno o máixmo tempo posible poñendo a súa disposición outros recursos que así o permitan) e ademais dotar a esta residencia de prazas para asistidos , é necesario dignificar á persoa maior e non desarraigala por presentar unha situación de dependencia). Intentaremos que a Consellería de Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar asuma esta necesidade.
  • Realización por parte dos ss.ss municipais de programas de prevención de dependencia . Ex: entrenamento de memoria, ximnasia persoas maiores, rede de voluntariado, etc…

  • PROXECTO ANTA. Programa de apoio normalizado de transporte adaptado. Proposta: inclusión neste proxecto xa que Marín reúne os requisitos.  O obxectivo fundamental deste proxecto é poñer a disposición das persoas con dependencia que teñan dificultades para o uso do transporte normalizado a posibilidade de usar un medio de desprazamento axeitado as súas necesidades, que lles facilite a súa mobilidade.
  • SERVIZO DE COMIDA SOBRE RODAS. Trátase dun recurso máis para conseguir que as persoas incrementen a súa autonomía persoal  e favorecer a  súa permanencia no seu fogar e no seu entorno social e familiar.

Outras áreas de actuación:

MINORÍAS ÉTNICAS (INMIGRACIÓN) : Posibilitar a súa integración dentro do termo municipal , para iso non só é necesario traballar coas persoas pertencentes a estes colectivos senón tamén traballar coa poboación autóctona para que coñezan as diferentes culturas que conviven con nós.

FAMILIA: Potenciar o programa de Educación Familiar que consiste na posibilidade de contar cun técnico que no propio entorno familiar ensina a cada membro da familia a desenvolver o rol que lle corresponde , trátase de que as familias que teñan a cargo menores poidan establecer pautas educativas, adquirir hábitos necesarios para o desenvolvemento integral dos menores, etc…
Outro recurso para as familias son as coñecidas como Galescolas, neste concello vaise a construir unha na zona de San Pedro , pero este equipamento xunto coa gardería da Casa do Mar  non son suficientes para atender ás necesidades do concello.

MULLER:.

  • Potenciar  o Centro de Información á Muller (CIM) non só na atención das víctimas de malos tratos senón tamén na prevención  dos mesmos.
  • Fomento do asociacionismo.
  • Promover e potenciar programas  actividades dirixidas a reducir ou eliminar as desigualdades de xénero.
  • Promover e potenciar programas para favorecer á inserción laboral das mulleres.
  • Protexer de forma especial as mulleres víctimas dos malos tratos, e as mulleres con fillos a cargo que constitúan unha familia monoparental.

                Para rematar con este apartado temos que facer unha proposta que incluiría a tódalas áreas de actuación:

  • Construcción ou remodelación dun inmoble que se habilite para Centro base de servicios sociais, cos espazos necesarios para atender ás demandas dos cidadáns, ( cada traballadora social ou técnico debería poder atender nun despacho ós usuarios con privacidade), espazo onde poder ter reunións de coordinación, salas de usos múltiples onde poder desenvolver obradoiros ou actividades promovidas dende os servizos sociais, etc….
  • Ademais da ubicación física é necesario mellorar o equipo interdisciplinar existente xa que non é suficiente , deste xeito  sería necesario contar cun/ha mediador/a intercultural, un/unha educador/a familiar, un profesional que se encargue da inserción laboral, etc…

SANIDADE

    • Creación dunha área de recollida e protección de animais abandonados.
    • Prazas de abastos. Seguir mellorando a conservación e mantemento das dúas prazas.
    • Cimiterios. Proseguir na mellora das instalacións e conseguir a ampliación do cimiterio de Marín.

 

6.  URBANISMO E ORDENACIÓN DO TERRITORIO.

  • Posta en marcha da xerencia de urbanismo.
  • Aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
  • Xerar chan  para vivendas sociais a través do SUNC do PXOM.
  • Parque industrial (ver o apartado de desenvolvemento local e promoción do emprego)

ORDENACIÓN DO TERRITORIO

Marinenses Independentes pretende que o noso Concello se configure coma un dos eixos fundamentais da Comarca do Morrazo, tendo os seus piares de desenvolvemento na actividade portuaria, manufactureira de derivados do mar, comercial e turística.

Dado que Marin forma parte natural da comarca do Morrazo e por outra banda somos concello limítrofe con Pontevedra, con quen compartimos múltiples servicios, a ordenación do noso territorio ten que contemplar puntos de vista que articulen as dúas realidades. É polo tanto necesario seguir traballando en organismos comarcais como a Fundación comarcal do Morrazo e en organismos da área  territorial urbana de Pontevedra para consolidarmos o noso futuro dende esta dupla realidade. É polo que os diversos plans estratéxicos de futuro que se están elaborando resultarán fundamentais para poñer en valor as nosas potencialidades e complementarmos cos concellos do entorno.

De forma xenérica as actuacións principais de infraestructuras haberia que enmarcalas nas conexións viarias con Bueu, Moaña, Pontevedra e Vilaboa, e internamente na mellora da rede viaria intraparroquial e intraurbana.

Un apartado específico é o remate das obras da estrada de circunvalación de Marín. É inadmisible que estas obras, no trazado que discurre polo concello de Pontevedra, estean paralizadas na fase inicial de trazado e adquisición de terrenos. Non nos podemos permitir máis retrasos, polo que demandaremos da Conselleria de Política Territorial a súa pronta execución. 
 
Mar-In poñerá especial empeño na defensa das zonas medioambientais máis sensibles do noso concello, especialmente a zona de litoral e os cursos de auga que regan o noso chan.

 

7. ÁREA DE SERVICIOS

1.- Servicio de Auga.

  • Modernización da xestión do servicio de auga coa incorporación de máis medios materiáis e recursos humáns.
  • Ampliación da rede municipal de abastecemento de auga ás zonas ruráis.
  • Novos investimentos en infraestructura de abastecemento de augas (depósitos de auga, estacións de bombeo, etc.)

2.- Servicio de Sumidoiros.

  • Modernización da xestión do servicio de sumidoiros coa incorporación de máis medios materiáis e recursos humáns.
  • Ampliación da rede municipal de sumidoiros ata ter rematado o saneamento integral do Concello, prestando especial atención á parte Leste da parroquia de Santomé
  • Novos investimentos en infraestructuras da rede municipal de sumidoiros (bombeos, etc.).

3.- Servicio de Recollida e Transporte de RSU.

  • Ampliación da xestión do servicio de recollida e transporte de RSU co incremento de novas rutas de recollida e dotación de novos contenedores segundo o incremento poboacional no casco urbán, barriadas e zonas rurais.
  • Ampliación da contenerización soterrada no casco urbán de Marín e Seixo e nas Barriadas da Cañota, San Pedro e Mogor.
  • Novos investimentos en infraestructuras do servicio de recollida e transporte de RSU (nave taller do servicio, vehículos, etc.).
  • Creación dun Punto Limpo de recollida de todo tipo de RSU, enseres, voluminosos e restos vexetáis.
  • Creación dun vertedoiro municipal e planta de tratamento de resíduos domésticos de obras e demolicións.

4.- Servicio de Limpeza Viaria.

  • Modernización da xestión do servicio de limpeza viaria coa incorporación de máis medios materiáis e recursos humáns.
  • Ampliación do servicio e da dotación de papeleiras no casco urbán de Marín e Seixo e nas barriadas da Cañota, San Pedro, Mogor e S. Moreno
  • Novos investimentos en infraestructuras do servicio de limpeza viaria (maquinaria, utensilios, papeleiras e vehículos).

5.- Servicio de Parques e Xardíns

  • Modernización da xestión do servicio de parques e xardíns coa incorporación de máis medios materiáis e recursos humáns.
  • Ampliación do servicio de parques e xardíns e das zonas verdes no casco urbán de Marín e Seixo e nas barriadas da Cañota, San Pedro, Mogor e S. Moreno.
  • Novos investimentos en infraestructuras do servicio de parques e xardíns (maquinaria, utensilios e vehículos).

6.- Servicio de Alumeado Público.

  • Modernización da xestión do servicio de alumeado público coa incorporación de máis medios materiáis e recursos humáns.
  • Reducción do tempo de resposta para a reposición, reparación e mantemento da infraestructura de alumeado público de Marín.
  • Novos investimentos en infraestructuras do servicio de alumeado público (maquinaria, utensilios e vehículos).
  • Ampliación da rede municipal de alumeado público nas zonas ruráis.

ÁREA DE MEDIO AMBIENTE

1.- Servicio de Información e Avaliación Medioambiental e Participación Cidadán.

  • Elaboración dunha auditoría medioambiental.
  • Creación dun servicio permanente de información medioambiental ós cidadáns.
  • Fomento da participación cidadán nas políticas medioambientáis do concello.

2.- Servicio de Actividades Medioambientáis.

  • Fomento das políticas de concienciación cidadán no coidado do medioambiente.
  • Creación dunha rede de aulas medioambientáis nos colexios do concello.
  • Creación dunha rede de formación contínua da cidadanía en cuestións medioambientáis a través das asociacións de veciños e comunidades de montes.
  • Protección do noso litoral como zona extremadamente sensible, especialmente defensa da praia de Aguete para evitar o seu deterioro actual e poñerlle remedio canto antes.
  • Construcción de paseos fluviais nos ríos Lameira e Loira.

3.- Servicio de Eficiencia Enerxética, Desenvolvemento Sostible e Conservación da Natureza.

  • Continuación das políticas de eficiencia enerxética do concello (inversións en aforro enerxético, enerxías renovábeis, etc.).
  • Continuación das políticas de desenvolvemento sostible do concello (reciclaxe de resíduos, aforro de auga, etc.)
  • Continuación das políticas de conservación da natureza (plantación de árbores, dotación de zoas verdes, rexeneración de marxes fluviáis, etc.)
  • Mantemento do distintivo de calidade Bandeira Verde – Cidade Sostible.

 

ÁREA DE PRAIAS

1.- Servicios básicos a praias.

  • Modernización da xestión dos servicios básicos a praias coa incorporación de máis medios materiáis e recursos humáns.
  • Ampliación da xestión dos servicios básicos a praias ás praias do Santo, A Coviña e Lapamán).
  • Novos investimentos en infraestructura dos servicios básicos de praias (bancos, mesas, papeleiras, duchas, lavapés, xogos infantís, etc.)
  • Mantemento e ampliación do número dos distintivos de calidade Bandeiras Azúis nas praias de Marín.
  • Novos investimentos en praias (zonas de ocio, parques infantís, aparcamentos, etc.)

2.- Servicio de Salvamento e Socorrismo.

  • Modernización da xestión do servicio de salvamento e socorrismo coa incorporación de máis medios materiáis e recursos humáns.
  • Ampliación do servicio municipal de salvamento e socorrismo ás praias do Santo, a Coviña e Lapamán.
  • Novos investimentos en infraestructuras do servicio de salvamento e socorrismo.

ÁREA DE COMERCIO

1.- Servicio de Promoción do Comercio.

2.- Servicio de Xestión da Praza de Abastos.

3.- Servicio de Ordenación do Mercadillo.

 

ÁREA DE TURISMO

1.- Servicio de Promoción Turística.

2.- Servicio de Información e Atención ó Turista.

3.- Servicio de Actividades Turísticas e Festas Gastronómicas.